Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dise Sanxenxo. Ese é o nome oficial da vila, e así llo lembra a RAG á Academia Española

Dise Sanxenxo. Ese é o nome oficial da vila, e así llo lembra a RAG á Academia Española

A RAE volve desprezar o topónimo oficial recomendando o uso de 'Sangenjo'

Os lingüistas lembran que 'Sangenjo' non existe, xa que, en todo caso, en castelán sería San Ginés

G24.gal 21/04/2023 19:56 Última actualización 21/04/2023 20:39

En contra da lei galega e do nome oficial. A Real Academia Española volve desprezar a toponimia galega recomendándolle a un usuario de Twitter que use a forma 'Sangenjo' para referirse a Sanxenxo.

"Lo indicado es emplear la forma tradicional 'Sangenjo' al hablar o escribir en español", di a institución dedicada á regularización lingüística entre o mundo hispanofalante.

A RAE engade que "en textos oficiales generados por la Administración es preceptivo utilizar el nombre vernáculo Sanxenxo".

As primeiras labazadas recibiunas a RAE dos propios tuiteiros 

A polémica saltou inmediatamente. Os  usarios da rede social respondéronlle á RAE "Y Sangenjo que significa? Nada. Sería San Ginés".

Outra tuiteira engade: "No hay ni forma gallega ni forma castellana, la única fora oficial de los topónimos galegos es EN GALEGO. Está bien clarito en la lei 371983, de 15 de junio de normalización lingüística, que establece, en su art, 10, que la ÚNICA forma oficial de los topónimos es la gallega". 

A listaxe de críticas é inmensa. A propia Real Academia Galega, en resposta aos medios de comunicación que se fan eco da noticia, volve lembrar, unha vez máis, o que xa todos sabemos: que Sanxenxo se di Sanxenxo.

E por se a alguén lle queda algunha dúbida, recomenda a lectura dun artigo sobre grafías tradicionais do topónimo Sanxenxo de Luz Méndez, membro do Seminario de Onomástica da Academia e presidenta da Asociación Galega de Onomástica.

Tamén o sociolingüista e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, Henrique Monteagudo, actual vicesecretario da Real Academia Galega, considerou no seu momento que "Sangenjo non existe, é unha deturpación, xa que, en todo caso, en castelán sería San Ginés."

Por se a cuestión aínda non quedase clara, a Real Academia Galega lembra que as recomendacións do grupo de expertos en nomes xeográficos da Organización das Nacións Unidas "baséanse no respecto ás formas de cada topónimo na súa lingua orixinal".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade