Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dispáranse as reservas para o Entroido no triángulo máxico

Dispáranse as reservas para o Entroido no triángulo máxico

Contra o que pasaba antes da pandemia, os interesados agardan ata o último momento

Preparando as habitacións dunha casa rural en Monterrei
G24.gal 07/02/2022 14:50

Malia que os concellos de Xinzo, Verín e Laza suspenderon os actos máis masificados, como desfiles e grandes orquestras, o Entroido ábrese paso desde abaixo. Quedou patente no Domingo Fareleiro de Xinzo e empeza a percibirse, tamén, en hoteis, pensións e casas rurais das vilas do triángulo máxico e dos arredores.

"Hai xente que prefire quedar alí, no miolo, outras que prefiren descansar e volver despois...", comenta José Luis Prieto Domínguez, da casa rural O Retiro do Conde, de Monterrei.

No Retiro do Conde, en Vilaza, as reservas disparáronse nos últimos días: "Foi case todo esta semana pasada, que me foron chamando para cerrar datas", di José Luis Prieto Domínguez, casa rural O Retiro do Conde, de Monterrei.

Restaurantes

O mesmo ocorre cos restaurantes de Verín, cautos á hora de programar o Xoves de Comadres: "Porque eu pensei que, ao non haber orquestra nin nada, a xente non se ía animar tanto, pero si, si", di Mavi Pérez, restaurante Zapatillas, de Verín. Están xa completos, pero con taxas menores de ocupación: "Aquí metía 115 comadres e vou meter unhas 60".

Quedan case tres semanas para diante, pero todo apunta a unhas festas concorridas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade