Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dispárase a demanda de caldeiras de calefacción por biomasa

Dispárase a demanda de caldeiras de calefacción por biomasa

O prezo de luz, gas e gasóleo levan a optar polos pellets para quentar a casa

Os especialistas advirten da posibilidade de desabastecemento a medio prazo

G24.gal 18/11/2022 20:11 Última actualización 18/11/2022 20:56

Un litro de gasóleo ten o mesmo rendemento en calefacción que dous quilos de pellets. A diferencia é o prezo.

O litro de gasóleo vai a 1,40 e  o quilo de pellet está a 40 céntimos.

É unha das causas polas que se disparou a instalación de caldeiras de biomasa en Galicia. Tanto para vivendas novas como para quen quere cambiar o seu sistema de calefacción. Con todo, non hai garantía de que os bos prezos se manteñan.

O cesamento das exportacións dende Ucraína obrigou a reestruturar o mercado europeo dos pellets e países como Portugal cambiaron o destino das exportacións.

Agora a situación estabilizouse, principalmente porque aínda non chegou o frío. Os especialistas advirten que a curto prazo será necesario incrementar a produción de pellets en Galicia para poder abastecer o mercado interno.

En España consúmense anualmente 700.000 toneladas de pellets fronte, por exemplo, os 5 millóns de Italia. Hai, pois, unha ampla marxe para que o sector siga medrando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade