Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dispárase a venda de tests de diagnose de gripe e covid

Dispárase a venda de tests de diagnose de gripe e covid

Os máis demandados son os que detectan as dúas doenzas

Non hai problemas de abastecemento de probas nas farmacias

G24.gal 28/12/2023 20:13 Última actualización 28/12/2023 20:20

Estampas que criamos esquecidas vólvense vivir estes días nas farmacias galegas. Persoas mercando os tests para facer a proba da gripe, da covid ou a combinada das dúas doenzas. Sanidade constata un aumento de enfermidades respiratorias e ante o menor síntoma é mellor asegurarse e atallar os contaxios.

"Si que percibimos un aumento das vendas. Sobre todo dos tests combinados", explica Mónica García, da farmacia Labandeira.

Outra explicación a este aumento exponencial da venda de test está nas propias datas. As xuntanzas con familiares e amigos para cear e xantar pódense converter en focos de contaxio. Así, é mellor ir avisado ou directamente non acudir. Para sabelo, o test é a mellor opción.

"Hai un pico nestas datas e vemos xente que ten gripe A, gripe B e covid ao mesmo tempo", conta Arturo Fernández dende a farmacia De La Vega.

Malia a suba nas vendas, os expertos din que a meirande parte dos casos quedan sen diagnosticar porque o doente prefire non facer probas. O que si está garantido é a subministración dos diferentes tipos de test para todo o inverno.

"Moita xente que non se atopa ben nin sequera os fai. Ata o Nadal non se estaban vendendo", finaliza Arturo Fernández.

O que non aumentou de demanda foron as máscaras e os desinfectantes manuais. Ao parecer, pola cantidade acumulada que segue habendo nos fogares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade