Distintos accidentes nas estradas galegas este domingo, por fortuna con carácter leve
Distintos accidentes nas estradas galegas este domingo, por fortuna con carácter leve
Só na comarca de Santiago rexistráronse cara ao mediodía catro accidentes con varios feridos leves
En Galicia, está a ser un domingo moi accidentado. Varios sinistros sucedéronse desde primeiras hora da mañá do domingo en varios puntos da rede viaria galega.
Só na comarca de Santiago de Compostela, na autoestrada do Atlántico e na autovía AG-56 que une a capital con Noia, houbo catro accidentes. Hai varios feridos, pero ningunha vítima mortal.
A central de emerxencias avisou dos percances ao centro de Urxencias Sanitarias do 0-61, Bombeiros de Santiago, Policía Local, Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago.
Os bombeiros tiveron que utilizar o material de excarceración para liberar a un ocupante dun dos turismos implicado nun dos accidentes.
As condicións metorolóxicas, con chuvia miúda, e o estado esvaradío da estrada podería estar detrás desta alta sinistralidade.