Cargando resultados...
Do total dos fondos europeos executados, tan só o 4 % chegou a Galicia
Do total dos fondos europeos executados, tan só o 4 % chegou a Galicia
O Goberno galego propón cambiar a fórmula de xestionar os fondos
G24.gal
19/07/2023 14:27
A chegada de fondos europeos a España pisou o freo nos primeiros seis meses do ano.
Segundo o observatorio que calcula os gastos do plan español de recuperación, entre xaneiro e xuño do ano pasado houbo convocatorias de axudas por 12.858 millóns de euros. Este ano no mesmo período só se comprometeron 7.770 millóns. Son máis de 5.000 millóns menos.
Do total dos fondos executados, tan só o catro por cento chegou á nosa comunidade. O Goberno galego di que hai moitos proxectos agardando e propón cambiar a fórmula de xestionar os fondos.