Cargando resultados...
Doce falecidos e máis de cen feridos nunha avalancha nun estadio de San Salvador
Doce falecidos e máis de cen feridos nunha avalancha nun estadio de San Salvador
A avalancha produciuse cando un grupo de seareiros intentaba entrar no campo derrubando o valado de seguridade
Os servizos de emerxencia e de seguridade atenden aos feridos no estadio
G24.gal
21/05/2023 13:56
Traxedia nun estadio do Salvador despois de que unha avalancha acabara coa vida de polo menos doce persoas e deixara un cento de feridos.
Trátase de maior traxedia deportiva da historia do país. Sucedeu no estadio Cuscatlán cando os seareiros tentaban ingresar a unha das zonas do estadio para presenciar o partido. As autoridades aseguran que van realizar unha investigación exhaustiva sobre o sucedido.
Ademais dos polo menos 12 falecidos e 100 feridos, tiveron que atender outras cincuenta persoas. O partido que se estaba a disputar foi cancelado como sinal de respecto ás vítimas.