Publicador de contidos
Publicador de contidos

Once traiñeiras galegas buscan a gloria na clasificatoria da Concha

Once traiñeiras galegas buscan a gloria na clasificatoria da Concha

Haberá seis en categoría feminina e cinco na masculina

Os dous equipos que presenta Cabo da Cruz son os que máis opcións teñen

G24.gal 29/08/2023 21:36

Doce traiñeiras galegas afrontan a partir deste mércores (18:00 na G2 e G24 a clasificatoria feminina) unha das citas estelares da temporada: a clasificatoria da Bandeira da Concha. 

Na categoría feminina serán seis botes os que defendan o prestixio do remo galego. Cabo da Cruz, sétima na Liga Euskotren, é a que conta con máis papeletas para entrar. Tamén buscarán a súa presenza Chapela (sería a terceira consecutiva) e Tirán, que tamén participou na Euskotren. 

Para Mugardos-A Cabana, Cesantes ou Perillo é máis un premio de final de temporada e o reto de comparar o seu potencial coas grandes do remo vasco. Rianxo tamén estaba apuntada, pero logo do falecemento do seu patrón, Adrián Neo, rexeitou a posibilidade de viaxar a Euskadi.

Na masculina (xoves, 18:00 na G2 e G24) haberá cinco representantes. Os dous equipos da Liga Euskolábel, Cabo e Samertolameu, xa se mediron aos que van ser os principais favoritos para ocupar os sete postos que se rivan. Por resultados, Cabo é a que ten máis papeletas pero terá que facer unha gran clasificatoria diante de rivais directos como Ondarroa, Lekeitio, Getaria, Kaiku ou Santurtzi. 

Desde a Liga Galega chegan Ares, Bueu ou Tirán que demostraron un gran nivel ao longo da temporada. De feito o equipo aresán estivo por diante de Samertolameu no campionato galego. Os tres saben que meterse entre os sete primeiros sería unha sorpresa maiúscula. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos