Doces de Nadal con todo o sabor dos tradicionais para persoas con intolerancias

Cada vez hai máis opcións de encargar sobremesas artesás co mesmo sabor e textura das tradicionais

Unha das tortas sen glute e sen lactosa de Amaranto Concept Store, na Coruña
G24.gal 29/11/2023 21:19 Última actualización 29/11/2023 22:51

A celiaquía da filla levou a Marta a abrir o seu negocio da Coruña hai tres Nadais. Panadería, pastelería e cafetería con menús dentro dun mesmo concepto cunha gran demanda social: produtos sen glute e sen lactosa.

Cara ao Nadal os seus produtos remataron co crebacabezas que supuña organizar un menú seguro, con sobremesas igual de saborosas ca as tradicionais para toda a familia ou reunión. Asegura que o 80 % dos seus produtos teñen o mesmo sabor e textura ca os tradicionais. E así o corrobora a clientela.

Galletas, polvoróns, roscas de Reis e tortas por encargo, que fan á medida de calquera intolerancia ou alerxia artesanalmente no seu obradoiro.

Por unhas doces festas máis inclusivas e máis felices para todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade