Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dolores Delgado renuncia como fiscal xeral do Estado por motivos de saúde

Dolores Delgado renuncia como fiscal xeral do Estado por motivos de saúde

Dolores Delgado foi operada de urxencia o pasado 20 de abril da columna vertebral

Delgado foi ministra de Xustiza entre xuño de 2018 e xaneiro de 2020

O Goberno nomea fiscal xeral a Álvaro García, número dous de Delgado

 

G24.gal 19/07/2022 11:43 Última actualización 19/07/2022 15:09

Dolores Delgado fai un balance satisfactorio na súa saída. Di que se cumpriron fitos históricos na carreira da fiscalía. Delgado presentou a súa renuncia ao cargo de fiscal xeral do Estado por motivos de saúde. Desde o Goberno valoran positivamente a súa decisión.

O Consello de Ministros nomeou como substituto de Dolores Delgado o que ata agóra era a súa man dereita, Alvaro García Ortiz. Ortiz chegou ao posto en marzo de 2020 desde a Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia e foi vogal na Unión Progresista de Fiscais. 

Desde a oposición o Partido Popular lamenta que o Goberno elixira unha persoa vinculada ao Partido Socialista no lugar de alguén independente. 

A chegada de Delgado a Fiscalía en febreiro de 2020, estivo rodeada de polémica por producirse un mes e medio máis tarde de deixar o seu cargo como ministra de Xustiza no goberno de Sánchez. A súa imparcialidade foi posta en dúbida pola cúpula fiscal e pola oposición, pero a súa designación saíu adiante incluso despois de facerse públicas as conversas que revelaban unha amizade co excomisario Villarejo . Ademais foron numerosos os seus enfrontamentos coa asociación de fiscais, un dos últimos polo nomeamento do Fiscal coordinador de menores que finalmente anulou o Tribunal Supremo.

Dolores Delgado explica nun comunicado os motivos da súa renuncia

A fiscal xeral do Estado Dolores Delgado presentou este martes a súa dimisión por motivos de saúde. Nun comunicado, a Fiscalía Xeral do Estado explica que Delgado enviou unha carta á ministra de Xustiza Pilar Llop para transmitirlle a súa vontade de apartarse  das súas responsabilidades por motivos de saúde, para que informe ao Goberno.

O pasado 20 de abril, Delgado, de 59 anos, foi operada de urxencia na columna vertebral. A intervención consistiu na extirpación dun quiste sinovial que estaba a comprimir a canle de dúas vértebras e mais a eliminación dunha fractura da faceta articular da vértebra.

É "unha columna moi afectada que obrigará a novas intervencións cirúrxicas", explica a Fiscalía.

O comunicado destaca o "difícil" que foi tomar esta decisión na que Delgado tivo que conxugar "a súa inequívoca vocación de servizo público cun alto sentido do deber e da responsabilidade, o que a levou á convicción de que non se atopa nas condicións físicas requiridas para tan alta función".

Fiscal de carreira, aceptou a oferta de Pedro Sánchez para ser ministra de Xustiza entre xuño de 2018 e xaneiro de 2020 e, tras numerosas polémicas, en febreiro dese ano foi nomeada fiscal xeral do Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade