Domingo de primavera de sol, ceos azuis e temperaturas en ascenso nas Rías Baixas
Domingo de primavera de sol, ceos azuis e temperaturas en ascenso nas Rías Baixas
En Ourense chegaron aos 29 graos e nas Rías Baixas as temperaturas estiveron entre os 23 e os 24
En toda Galicia recuperamos a influencia anticiclónica, así que os galegos saíron ao aire libre, a camiñar polos areais e os seus paseos. De novo unha tarde moi agradable de primavera.
Día de primavera solleiro, ceo despexado e temperaturas nas Rías Baixas de entre 23 e 24 graos. Esta mestura, á que hai que engadir a escaseza de vento, encheu as praias e os paseos como o de Samil en Vigo.
O domingo está sendo moi aproveitado porque esta fin de semanas comezamos cos paraugas en alto, coas chuvias do sábado que se estenderon ata ben entrada a tardiña de onte.
En toda Galicia, agás na costa de Lugo, houbo temperaturas altas. En Ourense chegaron aos 29 graos centígrados.
No sur os primeiros días da semana serán un calco do de hoxe, incluso subindo un grao as temperaturas que chegarán mañá so 25 graos.