A Xunta asume a tutela da menor que perdeu á súa nai e tres irmáns no incendio
A Xunta asume a tutela da menor que perdeu á súa nai e tres irmáns no incendio
Melloran dous dos ingresados polo incendio en Vigo e tres seguen na UCI
Centos de persoas acoden na Coruña ao enterro dos falecidos no incendio de Vigo
Apenas unha patrulla policial e contados xornalistas pasaron este venres polo portal número seis da rúa Afonso X o Sabio. Os habitantes do inmoble sinistrado non viñeron e a presenza de curiosos diminuíu pola choiva e pola ponte festiva que estamos a vivir.
O que aínda permanece é o estado de shock vivido polo suceso, sobre todo entre os que coñecen a familia dos falecidos.
Tamén hai moita tranquilidade na contorna de Povisa, onde só unha patrulla da Policía Nacional vela porque non haxa incidentes. Pero a maioría de todos os relacionados co incendio viaxaron hoxe á Coruña aos enterros.
Alí continúa o home que perdeu tres fillos e a muller na UCI en estado crítico. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, desvelou este venres que o Goberno galego asumiu a tutela da súa filla, que permanece ingresada no hospital, na Coruña, con prognóstico “estable dentro da gravidade”.
En Vigo hai outros dous feridos máis en Coidados Intensivos con prognóstico reservado e xa son dous en planta, un máis ca onte.