Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous activistas climáticos péganse aos marcos das "majas" de Goya no Prado

Dous activistas climáticos péganse aos marcos das "majas" de Goya no Prado

Os ecoloxistas realizaron unha pintada co lema "+1,5º" entre as dúas pinturas

Con esta acción protestan contra o quecemento global

 

 

G24.gal 05/11/2022 15:16 Última actualización 05/11/2022 21:54

Dous activistas de "Futuro Vexetal" pegáronse este sábado aos marcos dos cadros de La maja desnuda e de La maja vestida  de Francisco de Goya expostos no Museo Nacional do Prado en Madrid en sinal de protesta pola emerxencia climática.

Entre as dúas pinturas realizaron unha pintada coa mensaxe "+1,5º" para "alertar sobre a suba da temperatura mundial que provocará un clima inestable e graves consecuencias en todo o planeta".

Os activistas pertencen á organización Futuro vexetal, un movemento adscrito a Rebelión ou Extinción, que busca a resolución da crise climática coa adopción dun sistema agroalimentario baseado nas plantas.

No vídeo que difundiron pódense ver varias vixilantes das salas do museo tratando de frear a gravación da protesta e algúns visitantes increpando os activistas con berros de "fóra" e "lerchos".

Un dos mozos activistas, que di chamarse Samuel, pide desculpas antes de pegarse ao cadro e di: "Estou aquí porque teño pánico ao cambio climático" e interpela o Goberno a que actúe contra a situación.

As obras de Goya atópanse na sala 038 do Museo do Prado, que foi desaloxada polos vixilantes da pinacoteca.

Nas imaxes pódese ver como os dous mozos se pegan aos marcos das obras cun bote de pegamento que levaban entre a súa roupa e escriben na parede con pintura negra.

O director do museo, Miguel Falomir, recoñecía hai unhas semanas que se intensificaron as medidas de seguridade e que a institución estaba en alerta tras o suceso ocorrido en Londres con "Os Xirasoles" de Van Gogh e outras obras noutros museos de todo o mundo que sufriran ataques similares.

O museo extremou as medidas de seguridade, e era máis exhaustivo no control de acceso con líquidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos