Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para os dous detidos no operativo no que comisaron 200 quilos de haxix no Salnés

Prisión provisional para os dous detidos no operativo no que comisaron 200 quilos de haxix no Salnés

Un dos arrestados podería eludir o ingreso na cadea se paga a fianza imposta

O operativo desenvolveuse nos concellos de Vilagarcía e Vilanova de Arousa

G24.gal 10/05/2023 16:25 Última actualización 10/05/2023 20:48

Axentes da Policía Nacional detiveron dúas persoas na comarca do Salnés como presuntos responsables dun alixo de preto de 200 quilos de haxix incautados polas autoridades.

O operativo, do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO) Galicia, incluíu varios rexistros domiciliarios nos municipios de Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Parece que a droga, segundo as primeiras informacións, puido chegar a Galicia nun vehículo habilitado especialmente, pero aínda non transcenderon máis detalles do operativo.

Os detidos e a droga incautada quedado baixo a xurisdición do xulgado de garda de Vilagarcía de Arousa, neste caso o número 1. A maxistrada decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para un dos arrestados, para o outro, decidiu o ingreso en prisión preventiva pero neste caso fixou unha fianza de 30.000 euros para evitar a entrada na cadea. 

Os dous están investigados por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas que causan grave dano á saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade