Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos por ameazar unha menor de Vilalba para que non prestase declaración

Detidos por ameazar unha menor de Vilalba para que non prestase declaración

Trátase dun conflito entre clans iniciado en setembro co intento de secuestro dunha rapaza de 15 anos

Félix Aragunde 01/02/2024 13:48

A Garda Civil prendeu outras dúas persoas máis en relación co intento de secuestro dunha menor, o pasado mes de setembro en Vilalba, para sometela a un matrimonio forzoso.

Trátase de dous veciños de Rábade, de 57 e de 59 anos, detidos como presuntos autores dos delitos de ameazas, lesións e obstrución á xustiza. Supostamente, presentáronse nunha vivenda da capital chairega co obxectivo de ameazar a residente para que non declarase contra eles.

Unha vez alertados os axentes, prenderon os presuntos autores dos feitos o mesmo día que ambos estaban citados nestes xulgados vilalbeses e xa pasaron a disposición da xustiza.

O conflito previo entre dous clans sobre o que ían prestar declaración os detidos e mais a vítima comezara co intento de secuestro nas inmediacións do campo da feira de Vilalba e continuara, o mesmo mes de setembro, cunha persecución rexistrada no polígono monfortino do Reboredo.

Polo rapto frustrado da rapaza, a Garda Civil prendera tres persoas como supostas autoras dun delito de detención ilegal.

A estes hai que sumar outros dous detidos máis polos feitos rexistrados en Monforte, que ingresaran en prisión polos delitos de homicidio en grao de tentativa e lesións, á parte doutras dúas persoas que se encontran en busca e captura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade