Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous detidos por agrediren supostamente un home e deixalo inconsciente nunha praza de Vilagarcia

Dous detidos por agrediren supostamente un home e deixalo inconsciente nunha praza de Vilagarcia

A vitima sufríu un traumatismo cranioencefálico e fractura do tabique nasal

G24.gal 04/07/2023 12:40

Dous homes foron detidos en Vilagarcia e pasarán hoxe á disposición xudicial por agredir supostamente a outro e deixalo inconsciente na praza do Castro na madrugada do domingo ao luns.

A praza Martín Gómez Abal, tamén coñecida como Praza do Castro, é un dos núcleos da vida nocturna en Vilagarcía. Nun dos locais de copas comezou a liorta que case acaba en traxedia.

Dous homes agrediron a outro e a pelexa continuou fóra. Un golpe dun dos agresores derrubou a vítima. Ao caer, bateu coa cabeza no empedrado e quedou inconsciente.

Varias testemuñas acudiron a auxiliar a vítima e alertaron as forzas de seguridade. Interviñeron unha patrulla da Policia Local, outra da Nacional e mesmo un axente fóra de servizo que vive na zona acudiu ao lugar alertado polo barullo.

Unha ambulancia do 061 trasladou o ferido ao hospital do Salnés con traumatismo cranioencefálico e fractura do tabique nasal.

Grazas ás declaracións das testemuñas e á gravación da cámara de seguridade dun local próximo, os axentes lograron identificar onte mesmo os presuntos agresores. Detivéronos e hoxe está previsto que pasen á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade