Dous detidos por suplantar a identidade do alcalde de Barbadás para pedir cartos a varios veciños
Dous detidos por suplantar a identidade do alcalde de Barbadás para pedir cartos a varios veciños
A Garda Civil acúsaos de ser presuntos autores de tres delitos de usurpación de identidade e oito delitos de estafa
A Garda Civil detivo dous veciños de Madrid de 25 e 29 anos e tomou declaración a outros dous de 32 e 52 anos por suplantaren a identidade do alcalde de Barbadás (Ourense) para pedirlles diñeiro a través de WhatsApp a varios veciños.
Segundo informou a Garda Civil de Ourense, acúsanos de seren presuntos autores de tres delitos de usurpación de identidade e oito delitos de estafa cometidos durante o mes de decembro.
En concreto, os homes supostamente entraron no teléfono do rexedor e, tras facerse pasar pola vítima, enviaron mensaxes vía Whatsapp a varios veciños da zona solicitando diñeiro.
Deste xeito, o equipo Arroba da Garda Civil de Ourense dá por desarticulado este grupo organizado dedicado á usurpación de identidade co obxectivo de cometer estafas utilizando novas tecnoloxías.