Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous detidos por tráfico de drogas no ensanche compostelán

Dous detidos por tráfico de drogas no ensanche compostelán

A Policía Nacional comisou unha cantidade considerable de cocaína

Os detidos están acusados dun delito contra a saúde pública

G24.gal 01/03/2024 14:42

Nova operación contra o tráfico de estupefacientes no ensanche compostelán. O mércores, a Policía Nacional detivo dous presuntos traficantes con escasas horas de diferenza. O primeiro arresto tivo lugar contra a unha do mediodía na rúa Santiago de Chile tras unha breve persecución.

Xosé Manuel Durán, presidente da asociación de veciños Raigame, di que "xa había avisos dos veciños de que se comerciaba con droga nalgún piso da zona e que por iso a policía actuou". 

Unha testemuña asegura que había dúas persoas, pero que só levaron unha persoa esposada. Apunta que o detido levaba unha bolsa con droga que un axente estaba contabilizando.

Nun primeiro momento, o detido alegou que a droga incautada era para consumo propio.

Xosé Manuel Durán cre que "era moita cantidade de droga para tratarse de consumo propio".

Poucas horas despois, contra as sete e media da tarde, axentes da Policía Nacional arrestaban outro presunto traficante na rúa da Rosa. Os veciños din que na zona son cada vez máis frecuentes as redadas policiais.

Os presuntos traficantes están acusados de dous delitos contra a saúde pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade