Dous estudantes de Ponteceso representarán a España no Nobel Júnior da Auga a finais de agosto
Dous estudantes de Ponteceso representarán a España no Nobel Júnior da Auga a finais de agosto
'Nunca choveu que non escampara' é o título do traballo de investigación co que gañaron Esther Suárez e Diego Castro
'Nunca choveu que non escampara' é o título do traballo de investigación co que Esther Suárez e Diego Castro gañaron a proposta española ao considerado como Premio Nobel da Auga Júnior.
O seu proxecto contra as inundacións naceu inspirado na súa propia realidade a carón do río Anllóns. Como investigadora junior Esther explica que "en Ponteceso nos invernos inúndase sobre todo a parte central. Si que é certo que non hai mortes, pero si que se estragan a maior parte dos baixos, os coches e os materiais que poidamos ter alí gardados". Para poñerlle remedio "o noso proxecto consiste en crear un sistema que medindo en todo momento como é a situación dun río poder avisar a unha poboación a un grupo de xente", engade Diego.
Amigos e compañeiros desde o colexio, descubriron a súa vocación investigadora aos 10 anos a través das aulas que a Fundación Eduardo Pondal desenvolve na localidade. Esther asegura que "sempre me levou idea cacharrear, estar cos cables, fedellar tanto se o facía ben como se o facía mal. Pero empecei con Diego por 5º ou 6º de primaria nas Aulas CIentífico-Tecnolóxicas no Couto".
Con tan só 18 anos, esta parella de investigadores conta no seu haber con máis proxectos. "En conxunto xa levamos feito algúns como cando cae un teléfono as maneiras de previr que escache ou intentar crear un sistema de invernadoiro que regule todos os seus parámetros automaticamente", di Diego.
A finais de mes viaxarán a Suecia para representar a España no prestixioso certame Stockholm Junior Water Prize considerado o Nobel Júnior da Auga.