Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous falecidos e un ferido grave nun accidente de tráfico en Dumbría

Dous falecidos e un ferido grave nun accidente de tráfico en Dumbría

Os falecidos son un matrimonio de Vimianzo que viaxaban nun coche, no que tamén ía o seu fillo, que quedou ferido grave, e que bateron frontalmente contra un camión 

O condutor do camión, que foi quen alertou do accidente e é familiar e veciño das vítimas, saíu ileso

G24.gal 14/08/2024 17:59 Última actualización 15/08/2024 10:39

Dúas persoas, un home e unha muller, faleceron e outra quedou ferida grave nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste mércores no municipio coruñés de Dumbría

Os falecidos, Manuel e Estrella, un matrimonio de Vimianzo, e o ferido, o seu fillo, viaxaba nun coche que bateu frontalmente contra un camión que transportaba madeira na estrada AC-552, que vai de Dumbría a Fisterra, á altura de Berdeogas.

Foi o propio condutor do camión implicado o que chamou ao 112 sobre as 16:15 horas para informar o sinistro e alertar de que había persoas atrapadas no interior do vehículo. Dáse ademais a circunstancia de que o camioneiro é familiar e veciño das vítimas deste sinistro.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, dos bombeiros de Cee e da Garda Civil. 

Os Bombeiros tiveron que liberar aos dous falecidos, que quedaran atrapados no coche, mentres que o persoal sanitario trasladou ao terceiro ocupante do turismo, en estado grave, ao hospital. O camioneiro resultou ileso.

O matrimonio falecido neste sinistro estivera anos emigrado en Liechtenstein, onde residen actualmente os seus tres fillos. Un deles, o que viaxaba tamén no coche no momento do accidente, estaba estes días pasando as vacacións na casa familiar en Vimianzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade