Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous feridos de gravidade nun accidente de tráfico en Ponteceso

Dous feridos de gravidade nun accidente de tráfico en Ponteceso

Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 optaron pola mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para o traslado dun dos feridos

G24.gal 22/04/2022 14:41

Un accidente de tráfico en Ponteceso deixa dúas persoas feridas de gravidade. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse no lugar da Campara, pouco antes das once desta mañá, tal e como indicou a persoa que chamou ao servizo de emerxencias para pedir asistencia.

Manifestou que o vehículo estaba envorcado no medio da estrada sen que os ocupantes puidesen saír. O 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Carballo e dos membros do GES de Ponteceso e do servizo municipal de Protección Civil para rescatar as dúas persoas, unha muller e un home, que necesitaron asistencia médica urxente debido á importancia das súas lesións.

Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 optaron pola mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para o traslado dun dos feridos, concretamente da muller, mentres que o home foi evacuado nunha ambulancia.

Neste operativo, tamén interviñeron os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, para restablecer as condicións de seguridade na vía, foi necesaria unha limpeza da que se encargaron os efectivos do GES con base na localidade.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade