Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous operarios quedan feridos en Vilagarcía ao ceder a plataforma elevadora en que traballaban

Dous operarios quedan feridos en Vilagarcía ao ceder a plataforma elevadora en que traballaban

A plataforma escorou cando traballaban a oito metros de altura

Foron trasladados ao Hospital do Salnés e o prognóstico é reservado

 

G24.gal 04/07/2024 14:12

Os operarios traballaban a uns oito metros de altura reparando a nave dun almacén de ferro do Pousadoiro. De súpeto, a plataforma que os elevaba cedeu dun dos lados, facendo que caeran violentamente dentro da estrutura.

"Posiblemente a balda extensible se desprazou e inclinou a plataforma cara a un lado. Iso fixo que as dúas persoas caeran e se golpearan, o efecto é moi forte", explica Manuel Plaza, xefe de quenda de Emerxencias de Vilagarcía.

Os equipos de Emerxencias rescataron en altura os operarios. Primeiro subiron para comprobar que estaban conscientes e atáronos a unha liña de vida por se a plataforma seguía cedendo. Despois baixáronos coa axuda dunha autoescaleira.

"Baixamos progresivamente a plataforma ata uns catro metros de altura e xa aí o médico valorou. Decidiu inmobilizalos e os baixamos controladamente en padiolas de rescate coa axuda dun vehículo con autoescaleira", di Alén Pérez, axente de Emerxencias de Vilagarcía.

Os feridos foron trasladados en dúas ambulancias ao hospital do Salnés, o seu prognóstico é reservado. Mentres, a Policía Científica investiga as causas do sinistro na plataforma, agora precintada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade