Cargando resultados...
Dous feridos leves ao caer un coche desde a muralla do Parador de Baiona
Os dous homes que ían no vehículo saíron polo seu propio pé
O suceso puido estar provocado por unha confusión cos pedais
G24.gal
07/01/2024 17:23
Última actualización 07/01/2024 18:57
Un coche que transitaba polo Parador de Baiona precipitouse esta tarde e rompeu as ameas da muralla que percorre a estrada e forma parte da fortaleza. Os dous homes que ían dentro do vehículo quedaron feridos leves e saíron polo seu propio pé tras o accidente.
A Garda Civil e unha ambulancia acudiron ata o lugar dos feitos, e as dúas persoas afectadas foron trasladadas ao hospital. O incidente puido estar ocasionado por unha posible confusión cos pedais, xa que se atopaban na zona de estacionamento do Parador de Baiona.