Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous feridos ao chocar un coche contra un muro na Coruña

Dous feridos ao chocar un coche contra un muro na Coruña

Un coche saíu da vía, bateu contra o aparcadoiro dunha casa e rematou chocando contra outros catro vehículos que estaban estacionados

G24.gal 15/08/2024 20:06 Última actualización 15/08/2024 21:05

Un vehículo que circulaba á altura do número 3 da Avenida de Glasgow, en San Cristovo das Viñas, saíu da vía, bateu contra o aparcadoiro dunha casa e rematou chocando contra outros catro vehículos que estaban estacionados deixando a dúas persoas feridas.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros herculinos que foron avisados da posibilidade de que algún dos feridos puidese estar atrapado entre o muro e o mesmo coche accidentado, porén, os profesionais comunicaron ao 112 Galicia que, aínda que colaboraron na evacuación dos feridos, non foi preciso utilizar o material de liberación.

Ás 16:00 horas desta tarde varios particulares contactaron co 112 Galicia para informar do suceso. Algún dos alertadores indicaba que escoitara un forte ruído dende a súa casa e que vía coches parados e parte do muro dun aparcadoiro caído.

Ata o lugar acudiron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros da Coruña, Policía Local e efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Os profesionais sanitarios confirmaron o traslado das dúas persoas que resultaron feridas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade