Os dous irmáns atrincheirados nun piso en Boiro entréganse á Garda Civil
Os dous irmáns atrincheirados nun piso en Boiro entréganse á Garda Civil
Un foi detido, supostamente pola agresión a unha muller, e o outro quedou en liberdade por non existir cargos
A moza que lograra escapar da vivenda trasladárona ata o Hospital da Barbanza para realizarlle probas
A Garda Civil detivo un dos homes atrincheirados durante a mañá deste sábado nun piso da avenida de Barraña en Boiro, tras supostamente agredir á súa parella.
Os dous homes saíron dse xeito voluntario da vivenda tras seis horas de negociacións cos axentes. Nesemomento detriveron ao suposto agresor mentres que o seu irmán quedou en liberdade ao non existir cargos.
Os feitos sucederon durante madrugada cando ao parecer, varias persoas celebraban unha festa no interior dun inmoble na avenida de Barraña. Empezou unha forte discusión e comezaron a lanzar obxectos polas ventás cando se rexistrou un enfrontamento entre os dos homes e a parella dun deles.
A moza conseguiu saír do inmoble tras ser supostamente agredida mentres os homes quedaban no piso. Á muller N.G.A. de 21 anos trasladarona en ambulancia cara ao hospital da Barbanza para ser atendida das lesións que presentaba.
Tamén se desprazaron ao lugar efectivos de garda do Parque Comarcal dos Bombeiros de Boiro reclamados pola Garda Civil, para que de xeito preventivo cortaran o gas ante a posible ameaza de que lle ían prender lume á casa.