Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous murais pintados en Lugo compiten por ser o mellor do mundo

Dous murais pintados en Lugo compiten por ser o mellor do mundo

Están situados en edificios da capital luguesa e de Triacastela

Diego As e Mon Devane son os artistas urbanos autores dos murais

G24.gal 18/01/2022 19:40

Un artesán lugués e un emperador romano son os protagonistas dos dous murais situados na provincia de Lugo que compiten con outras cen obras artísticas por ser o mellor dos que se pintaron en todo o mundo en 2021.

O primeiro está situado en plena ruta xacobea para desfrute dos peregrinos, está elaborado en tons azuis e verdes e foi creado polo ourensán Mon Devane. O concurso realízase a través da plataforma Street Art Cities.

Diego As é o autor do mural de Xulio César en tons grises de Lugo. Destaca a alta implantación deste tipo de arte en Galicia.

Gañe quen gañe, Lugo conta xa con dúas obras ben recoñecidas e valoradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade