Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous parques eólicos galegos serán repotenciados por Iberdrola

Dous parques eólicos galegos serán repotenciados por Iberdrola

Os parques de Muras e Serra de Panda aumentarán a súa produción de enerxía

Parque de enerxía eólica Parque de enerxía eólica
G24.gal 14/12/2023 12:07

A empresa enerxética Iberdrola repotenciará os seus catro primeiros parques eólicos en España, dous deles situados en Galicia. Ademais, elevará a súa produción de media un 30 %.

Un destes parques eólicos terrestres é o de Muras, de 49 megawatts (MW) e situado en Lugo, que xera enerxía limpa para abastecer a unha poboación equivalente a 41.000 fogares ao ano. A instalación pasaría de ter 74 aeroxeradores de 660 quilowatts (kW) a 11 aeroxeradores de 4,2 MW.

Outro dos parques é Serra de Panda, neste caso de 18,5MW e situado na Coruña. Os seus aeroxeradores veranse reducidos dos 24 actuais (22 deles con unha potencia unitaria de 660 kW e dous de 2 MW), a 5 (tres deles con unha potencia de 4,3 MW e dous de 2 MW) Este parque eólico xera enerxía para cubrir as necesidades enerxéticas de 12.600 familias.

Coa repotenciación substitúense vellas turbinas por outras máis eficientes, aumentando a produción da enerxía e diminuíndo o impacto paisaxístico.

A repotenciación tamén afecta dous parques de Castela-A Mancha: Molar de Molinar e Isabela.

Trátase dunha iniciativa enmarcada na primeira convocatoria de axudas do programa Repotenciación Circular, outorgadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Instituto para a Diversificación e o Ahorro da Enerxía (IDAE).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade