Cargando resultados...
Dous xabarís entran de madrugada no aparcadoiro dos Mallos
Dous xabarís entran de madrugada no aparcadoiro dos Mallos
Os animais percorreron todo o lugar en busca de comida
G24.gal
16/08/2023 22:20
Xa estamos afeitos a ver xabarís nas cidades, pero o desta madrugada foi un pouco máis alá.
Dous xabarís entraron ás dúas da noite no aparcadoiro dos Mallos, na Coruña, seguramente buscando comida.
Percorreron as dúas plantas da instalación rastrexando algún cheiro atractivo que indicase a presenza dun alimento apetitoso.
E despois dunha excursión de case unha hora, acabaron saíndo pola rampla coma dous pepes.
Quen de seguro non estaba tan tranquilo foi o traballador nocturno do aparcadoiro. Por sorte, a esa hora tampouco había ningún usuario nas instalacións.