Dúas liortas obrigan a suspender as últimas actuacións nas festas de Lestrobe, en Dodro
Dúas liortas obrigan a suspender as últimas actuacións nas festas de Lestrobe, en Dodro
Tiveron que interromper a actuación dunha orquestra e a da outra quedou cancelada
As portas do recinto onde actuaban as orquestras pecháronse antes do previsto. A localidade de Lestrobe, no municipio de Dodro, estaba a celebrar a fin das súas festas patronais cando se produciron as dúas liortas.
Ante esta situación, decidiron interromper a actuación dunha orquestra e suspender a da seguinte.
Os veciños censuran a acción dos violentos, que estragou o final das Festas dos Aflixidos.
Segundo contan, os que participaron nas pelexas viñeron de fóra. Lembran que nestas festas nunca pasara nada semellante, sempre foron unhas celebracións pacíficas.
Non houbo feridos nin máis danos que a cancelación dos últimos pases da festa. Sen ser nada grave, a situación deixa con mal sabor de boca os veciños.