Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas persoas detidas por estafar 90.000 euros a un veciño de Friol

Dúas persoas detidas por estafar 90.000 euros a un veciño de Friol

Os dous homes forman parte da operación Manchica por presunta implicación en delitos continuados de estafa, usurpación de estado civil e falsificación de documento mercantil

G24.gal 01/02/2024 19:12

No marco da operación Manchica, a Garda Civil detivo a dous veciños da Merca, en Ourense, de 42 e 34 anos de idade, pola súa presunta implicación en delitos continuados de estafa, usurpación de estado civil e falsificación de documento mercantil.

Os dous veciños son sospeitosos de tramar un engano co que conseguiron estafar 90.000 euros a un veciño de Friol, en Lugo.

A investigación comezou no 2018 e alongouse durante cinco anos. Neste tempo, a Comandancia da Garda Civil informou de que os sospeitosos conseguiron estafarlle uns 90.000 euros a un veciño de Friol na compra de varios vehículos.

Os axentes ao cargo desta investigación comprobaron que ambos detidos "embaucaron o prexudicado utilizando diferentes artimañas, enganos e ameazas veladas para conseguir que realizase achegas económicas de diferentes importes" a determinados negocios fraudulentos, como "poxas inexistentes de bens inmobles".

A maiores tamén usurparon a identidade do prexudicado en transaccións de compravenda de turismos de segunda man e falsificaron documentos mercantís para conseguir maiores beneficios nas súas operacións comerciais.

Ambos detidos foron postos á disposición do Xulgado de 1ª Instancia de Instrución de Celanova. A Autoridade Xudicial deixounos en liberdade con cargos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade