Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas persoas feridas tras envorcar un coche en Fene

Dúas persoas feridas tras envorcar un coche en Fene

O 112 informou de que o vehículo saíu da vía e unha das persoas afectadas tivo que ser liberada

Produciuse nas inmediacións do cuartel da Garda Civil do municipio fenés, no lugar de Chamoso

G24.gal 26/01/2024 20:32

Dúas persoas quedaron feridas como resultado dunha saída de vía rexistrada este venres en Fene (A Coruña), tras a que o vehículo envorcou, segundp informou o 112 Galicia, que detallou que unha das persoas afectadas tivo que ser liberada.

Emerxencias asegurou que o accidente ocorreu arredor das 14:10 horas á altura do quilómetro 29 da estrada N-651, nas inmediacións do cuartel da Garda Civil do municipio fenés, no lugar de Chamoso.

O departamento autonómico coñeceu este suceso grazas a un aviso dun particular, que indicou que o turismo envorcara e que había dúas persoas no seu interior, polo que se mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos bombeiros de Ferrol.

Ademais, o 112 Galicia informou a Policía Local de Fene, o servizo de mantemento da vía e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mugardos (A Coruña), cuxos efectivos excarceraron a unha das persoas que viaxaba no vehículo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade