Dúas presentacións dunha tacada no Rácing
Dúas presentacións dunha tacada no Rácing
O porteiro Jesús Ruiz e o dianteiro Chiki foron presentados esta mañá un despois do outro
O Rácing de Ferrol presentou esta mañá de venres dúas fichaxes, primeiro o porteiro Jesús Ruiz, e acto seguido, o dianteiro Chiki. Cada un contou cunha conferencia de prensa individual, pero os dous foron presentados á vez sobre o céspede da Malata.
O Rácing de Ferrol viu como moitos dos seus xogadores marcharon, cedidos, xogadores que acababan contrato, como o caso do porteiro Ander Cantero, que tras moita rumoroloxía acabou no Burgos, ou Iker Losada, que foi vendido ao Betis. Malia todas as dificultades que está atravesando o equipo ferrolán, estanse a mover rápido no mercado, cerrando incorporacións necesarias, como foron as dos xogadores presentados hoxe, un porteiro pola marcha de Cantero, e un dianteiro que compita con Álvaro ou que poida complementalo.
O equipo de Parralo comezará a pretemporada contra o Galicia de Mugardos, da preferente galega, o sábado 20, a continuación xogará contra o Bergantiños o día 24 de xullo, contra o Ourense CF o 27, e contra o Castilla o 1 de agosto.