Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas vacas galegas triunfan no concurso de Cremona, o máis importante de Europa

Dúas vacas galegas triunfan no concurso de Cremona, o máis importante de Europa

Amara e Kergo Ozalid quedaron segunda e terceira nas súas categorías

Competían cos mellores exemplares Holstein da cabana europea

G24.gal 12/12/2023 20:02 Última actualización 12/12/2023 20:30

Kergo Ozalid é o nome desta vaca de cinco anos dunha gandería de Xermade elixida como a terceira mellor de Europa en competición con outros trinta animais que forman a elite europea. O recoñecemento obtívoo no certame internacional de Cremona, en Italia, considerado o mellor concurso europeo de razas leiteiras e un dos mellores do mundo. A vaca foi mercada en Francia hai catro anos e, ao parecer, o seu anterior dono non soubo valorala.

Amara, esta xata de 11 meses da Pastoriza, quedou aínda mellor clasificada, xa que obtivo o segundo premio entre animais de menos dun ano. Malia a súa xuventude, xa se lle albiscan condicións para converterse nunha vaca gran produtora e futura gañadora de concursos morfolóxicos. Pero para chegar a obter recoñecementos hai un traballo que se prolonga durante todo o ano.

Estas vacas galegas formaban parte do equipo español que obtivo o premio ao mellor rabaño Holstein de Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade