Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas vítimas mortais nas estradas no inicio da operación da ponte de maio

Dúas vítimas mortais nas estradas no inicio da operación da ponte de maio

Estes días agárdanse máis de 6,5 millóns de desprazamentos pola rede viaria española

A ponte coincide co Gran Premio de Xerez e co remate da Feira de Abril en Sevilla

G24.gal 29/04/2023 08:56 Última actualización 29/04/2023 09:23

Dúas persoas faleceron no inicio da operación especial de tráfico da ponte de maio posta en marcha ás tres da tarde deste venres.

O primeiro accidente mortal rexistrouse ás 15:40 horas na N-420 á altura de Almodóvar del Campo (Cidade Real), onde un motorista perdeu a vida ao irse fóra da vía.

Dúas horas despois morreu outra persoa na CV-508 ao seu paso pola localidade valenciana de Polinyà de Xúquer nunha saída de vía con posterior envorcadura e incendio do vehículo.

Durante esta ponte, que coincide co Gran Premio de España de Motociclismo en Xerez e co remate da Feira de Abril en Sevilla, agárdanse máis de 6,5 millóns de desprazamentos por estrada. 

A DXT manterá activo o dispositivo especial na rede viaria ata as doce da noite do luns, 1 de maio. Na Comunidade de Madrid, manterase un día máis porque o martes é festivo autonómico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade