Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nas vacacións as doazóns de sangue son máis necesarias ca nunca

Nas vacacións as doazóns de sangue son máis necesarias ca nunca

Con só dez minutos do noso tempo podemos salvar tres vidas doando sangue

Nos períodos de vacacións as doazóns de sangue son máis necesarias

G24.gal 04/04/2023 14:02

Dez minutos poden salvar tres vidas. Este é o tempo que se tarda en doar sangue e pode significar anos de vida para outras persoas. E isto é precisamente o que nos lembran desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), e máis nesta semana en que se agardan case un millón oitocentos mil desprazamentos por estrada en Galicia.

"Dez minutos para poder doar e salvar vidas".

Este simple xesto altruísta salva vidas. Doar sangue nestes días previos aos festivos de Semana Santa é imprescindible para aumentar as reservas de sangue, pois a súa demanda non baixa. "A xente vai de vacación e as necesidades son as mesmas ao igual que o resto do ano. Hai operacións e entón precisamos sangue. Só son necesarios dez minutos para poder doar e salvar vidas", explica Javier Souto, médico responsable da unidade móbil ADOS. 

"As reservas de 0+ están baixas, pero todos os grupos son necesarios".

Durante todos os días do ano precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para que os hospitais galegos realicen o seu labor asistencial de maneira adecuada. Por iso a solidariedade dos galegos é fundamental. Neste momento as reservas de 0+ están baixas, pero "todos os grupos son necesarios", di Javier Souto.

Nestas vacacións prevese que en Galicia se realicen case un millón oitocentos mil desprazamentos polas nosas estradas. De aí que garantir as reservas de sangue é importante. Facer un pequeno esforzo antes das vacacións pois "operacións hai igual e accidentes hai igual, entón nós precisamos sangue igual".  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade