Publicador de contidos
Publicador de contidos

A estratexia galega de oncoloxía de precisión persegue a equidade no acceso aos tratamentos máis innovadores

A estratexia galega de oncoloxía de precisión persegue a equidade no acceso aos tratamentos máis innovadores

Os tratamentos máis punteiros contra o cancro nos hospitais máis próximos ao domicilio de cada paciente é un dos obxectivos

Marca a data de 2028 para situar toda Galicia na punta de lanza das terapias de medicina personalizada

G24.gal 09/06/2023 14:41

A maioría dos cancros teñen xa dianas terapéuticas. Grazas aos avances nas terapias moleculares e na cartografía do xenoma, cada vez máis tipos de cancro son unha enfermidade crónica ou curable.  Que o acceso a esta oncoloxía de precisión, ao diagnóstico e ao tratamento, estea dispoñible coa mesma rapidez e calidade en todos os hospitais e para todos os pacientes da rede do Sergas é un dos propósitos da estratexia galega de oncoloxía de precisión.

"Estes tipos de fármacos xa se están utilizando, o que sucede é que agora o que queremos facer con esta estratexia é ordenar. Cada galego, viva onde viva en Galicia, cando teñan un problema sanitario e se achegue ao servizo sanitario máis próximo vai recibir unha atención homoxénea en todo o Sergas", di Jorge Aboal Viñas, director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas.

Ao tempo, a continua investigación neste eido provoca que cada vez haxa máis fármacos dispoñibles e que se descubran novas dianas, moléculas sobre as que actuar para frear e destruír as células malignas. O que se persegue é un acceso rápido e equitativo a todos os avances internacionais. E diso vaise encargar o Comité Central Molecular de Tumores.

"Queremos que teña tamén relación con outros comités internacionais de tumores moleculares. Temos preparada xa unha proxima visita a París, que é o centro nuclear do estudo molecular dos cancros. Eu creo que é o futuro do avance científico en Europa e nós queremos estar aí na vangarda, na punta de lanza, e imos crear este comité central, e imos traballar desde o inicio con Portugal e con Francia" , explica Jorge Aboal Viñas, director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas

Haberá en Galicia lugares que centralicen as análises xenéticas dos pacientes, pero a interpretación dese xenoma personal será a cargo dunha rede de profesionais expertos, distribuída por todos os hospitais do territorio. Unha estratexia de deslocalización na busca desa equidade á hora de facilitar a mellor opción terapéutica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade