Que se pode facer para evitar gastos excesivos coa calefacción?
Manter en boas condicións as instalacións ou ventilar a casa durante un máximo de 15 minutos pode axudar ao aforro
Ventilar a primeira hora da mañá e non máis de 15 minutos, purgar os radiadores ou manter a temperatura sen subir dos 21 graos farán que o noso gasto en calefacción non se dispare.O único que non se pode facer é aforrar no mantemento do noso sistema, porque iso pode provocar unha mala combustión que nos poña en perigo.
Segundo José Antonio Argibay, Axencia Galega de Emerxencias, a mala combustión prodúcese por falta de osixeno na combustión, mala instalación do equipo ou mal matemento.
O bo mantemento das instalacións é ademais básico para reducir as facturas, o mesmo que revisar o illamento de portas e ventás. E agora tamén temos a posibilidade poñer en paralelo ao noso, outro sistema como pode ser o soldar, a xeotermia ou a aerotermia.
Para Simón Iglesias Nogueira, técnico de instalacións en edificios, vaise conseguir un aforro moi importante.
E non hai que esquecer o truco máis vello de aforro, que é levar roupa cálida tamén na casa, que ir en mangas de camisa en plena friaxe non é necesario.