Publicador de contidos
Publicador de contidos

Echenique: "Deixarei de ser deputado e o primeiro portavoz parlamentario con 90 % de discapacidade"

Echenique: "Deixarei de ser deputado e o primeiro portavoz parlamentario con 90 % de discapacidade"

A cabeza da candidatura de Sumar en Zaragoza será o avogado e presentador Jorge Pueyo

G24.gal 14/06/2023 07:51

O portavoz de Unidas Podemos no Congreso Pablo Echenique publicou unha mensaxe nas redes sociais en que afirma que en pouco tempo deixará de ser deputado e "o primeiro portavoz parlamentario cun 90 % de discapacidade".

Echenique é na actualidade parlamentario da formación violeta por Zaragoza, pero agora quedou fóra na candidatura de Sumar e o cabeza de lista da coalición por esta circunscrición será o avogado e presentador Jorge Pueyo, segundo aprobou hoxe o Consello Nacional de CHA, formación a que pertence.

"Pronto deixarei de ser deputado e o primeiro portavoz parlamentario da historia de España cun 90 % de discapacidade", publicou pouco despois Pablo Echenique na súa conta de Twitter. 

Este domingo tamém explicou a través desta rede social que a imposición de Sumar de encabezar a lista de Zaragoza deixabao fóra de pode entrar no Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade