Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba limitar ao 4 % a suba das peaxes da AP-9

O Goberno aproba limitar ao 4 % a suba das peaxes da AP-9

Esta medida aplicarase en todas as autoestradas do territorio español e tamén na vía galega AP-53

G24.gal 27/12/2022 19:58 Última actualización 27/12/2022 20:06

O Goberno aproba limitar ao 4 % a suba das peaxes en once autoestradas de pago en 2023 para amortecer o aumento das tarifas do 8,4 % pola evolución do IPC e o efecto das revisións extraordinarias en tres delas.

"O obxectivo é axudar a cidadanía a afrontar o escenario actual de altos prezos da enerxía, derivado da persistencia do conflito en Ucraína tras a invasión rusa, que afecta especialmente á mobilidade e á renda dispoñible dos fogares", explica o Ministerio de Transportes nun comunicado.

O Real Decreto-lei artella un mecanismo para conter ao 4 % o aumento das tarifas de 2023, que soportan os usuarios nas vías AP-51, AP-61, AP-53, AP-66, AP-7 Alacant-Cartaxena, AP-7 Málaga-Guadiaro, AP-68 e tamén nas autoestradas AP-71, AP-9, AP-6 e AP-46.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade