Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha empresa funeraria elabora unha guía de prevención do suicidio

Unha empresa funeraria elabora unha guía de prevención do suicidio

É a primeira causa de morte non natural en Galicia

Lugo é a segunda provincia de España con maior taxa de suicidios

G24.gal 26/01/2022 20:34

As empresas funerarias atenden e xestionan a morte e saben que as máis duras son as mortes por suicidio. Para axudar a reducilas unha funeraria de Lugo está elaborar da man de expertos un manual de prevención de suicidios. Unha guía con sinais de alerta ás que prestar atención e con pautas para afrontar o suicidio dun ser querido.

O promotor da iniciativa é Jorge Balado, xerente de Serfuja.

"É importante que se poida falar do suicidio e toda aquela xente que pense situacións de suicidio e os seus achegados teñan información veraz e contrastada para poder axudar e entender a situación doutra maneira". di Balado.

Queren darlle visibilidade a un problema cada vez máis común na sociedade e que en ocasións segue sendo tabú. En 2020 rexistrouse o maior número de suicidios de España e este e outros problemas mentais aumentaron tras a pandemia.

"A saúde mental debería ser unha prioridade polo índice de suicidios, polo aumento das consultas por problemas de ansiedade e depresión ou polo aumento do consumo de psicofármacos. Deberíamos normalizar o feito de ir ao psicólogo e que che axude dando pautas e ferramentas" sinala a psicóloga Diana Blanco. 

Os expertos inciden na importancia da saúde mental, en normalizar ir ao psicólogo ou ao psiquiatra, como piar para ter axuda profesional e previr os suicidios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar