Publicador de contidos
Publicador de contidos

Eleccións en Cataluña: o PSC gañaría e ERC resiste no segundo posto, segundo o CIS catalán

Eleccións en Cataluña: o PSC gañaría e ERC resiste no segundo posto, segundo o CIS catalán

Amais da disputa pola segunda praza, que permanece aberta, a sondaxe tamén deixa no aire a maioría dos partidos independentistas

A posibilidade de que Sánchez renuncie á presidencia centra a campaña catalá

Debate electoral este venres (Europa Press/Kike Rincón) Debate electoral este venres (Europa Press/Kike Rincón)
G24.gal 26/04/2024 12:33 Última actualización 26/04/2024 12:56

O PSC vencería de forma ampla as eleccións ao Parlament do 12M, con 40-47 escanos, e ERC (31-37) e Junts (28-34) disputaríanse a segunda praza, cos republicanos en lixeira vantaxe, segundo a enquisa publicada este venres polo Centro de Estudos de Opinión (CEO) da Generalitat.

O PP catalán lograría entre 8 e 12 deputados, Vox entre 5 e 9, a CUP entre 4 e 8, e Comúns Sumar entre 3 e 6. A formación independentista de extrema dereita Aliança Catalá, encabezada por Sílvia Orriols, podería entrar no Parlament con ata dous escanos, mentres que Ciutadans quedaría sen representación.

A enquisa realizouse entre 11 e o 22 de abril mediante 1.500 chamadas telefónicas, de modo que non recolle o efecto que poida ter a decisión de Pedro Sánchez de meditar se deixa ou non a presidencia do Goberno.

O estudo do CEO chega despois da enquisa publicada onte polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), realizada entre os mesmos días -aínda que nese caso cunha mostra de 8.905 persoas- e segundo a cal o PSC obtería 39-40 escanos, por encima de JxCat (28-30) e ERC (27-28).

En estimación de voto, os socialistas de Salvador Illa obterían entre o 28 % e o 33 %, fronte ao entre 20 % e 24 % que lograría a candidatura de ERC, liderada por Pere Aragonès, e entre o 18 % e 22 % que cultivaría a lista de Carles Puigdemont, á fronte de Junts.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade