O cemiterio redondelán dos Eidos, o máis bonito de España por votación popular
O cemiterio redondelán dos Eidos, o máis bonito de España por votación popular
Recentemente rehabilitado, este camposanto de 1830 aspira a entrar na lista dos máis singulares de Europa
Había competencia pero a veciñanza de Redondela tíñao claro e así foi. Os Eidos xa é o cemiterio máis bonito de España por votación popular.
Foi o gañador dun certame que quere recoñecer o valor histórico, patrimonial e artístico que agochan os camposantos.
O dos Eidos foi construído en 1830 e pechou as súas portas por falta de espazo nos anos oitenta. Está en pleno corazón da vila e a súa recente rehabilitación converteuno nun dos lugares máis visitados.
Historia do concello
A súa arquitectura permite comprender a evolución social e económica da Redondela do século XIX. Panteóns ilustres, foxas comúns ou as cinsas do heroe da batalla de Pontesampaio, cada recuncho deste cemiterio fala dunha parte da historia do concello.
Historia e arte mestúranse neste aspirante a entrar na lista de camposantos máis singulares de Europa pero que, de momento, xa presume de ser o máis bonito de España.