Galegos retornados falan da emigración a alumnos de institutos
Galegos retornados falan da emigración a alumnos de institutos
O acto é parte do proxecto 'Fálame de Emigración', de Afundación
Tamén hai unha mostra fotográfica sobre a emigración galega
Os monfortinos que emigraron lembran a través das fotografías os tempos da emigración e explícanlles aos máis novos o que supuxo ese fenómeno. É o caso de Rosa, que estivo 50 anos no Reino Unido, ou de Sara, que botou 40 en Australia. Contan os motivos polos que marcharon, por que regresaron e tamén o trato que recibiron.
Os estudantes ven o fenómeno migratorio como algo positivo na actualidade e toman conciencia da súa necesidade en certas épocas e como os galegos pasamos de emigrar a recibir emigrantes. Tamén do duro que foi noutros tempos.
A exposición fotográfica sobre a emigración galega pódese contemplar na sede de Afundación de Monforte.