Publicador de contidos
Publicador de contidos

Page defende un adianto electoral e a renuncia de Díaz abre unha crise na coalición

Page defende un adianto electoral e a renuncia de Díaz abre unha crise na coalición

A coalición de goberno responde que seguirá traballando coa axenda prevista

Podemos descarta unha reunificación con Sumar tras a renuncia de Yolanda Díaz

G24.gal 11/06/2024 15:09

Os resultados das eleccións europeas abren un debate sobre o futuro do Goberno de coalición.

"Non hai que ter vontade de eternizar o inviable. Hai que buscar solución", defende Emiliano García-Page, Presidente de Castela-A Mancha.

Dentro do PSOE desbotan un posible adianto electoral e din que hai goberno para tempo.

 "O noso compromiso e o noso obxectivo é traballar, traballar e traballar", asegura Pilar Alegría, Ministra Portavoz do Goberno.

Un compromiso que tamén apuntan desde os socios de goberno.

"Quen esta esperando que se produza algún tipo de inestabilidade dentro do goberno, equivócase", adianta Ernest Urtasun.

En Sumar, a renuncia de Yolanda Díaz abre unha crise na coalición.

"É necesario que haxa un debate e con esta decisión abro o camiño que terá que ser colectivo".

E din que será un proceso sereno e tranquilo. As discrepancias están na man tendida a PODEMOS.

"Para nós a prioridade é a conversa coas forzas que quixeron estar. E a iso nos imos dedicar", di
Iñigo Errejón, Portavoz de SUMAR no Congreso

"Podemos decidiu pasar páxina e ser moi respectuoso coas decisións que tome outro proxecto político que non é o noso", responde Javier Sánchez Serna, portavoz de Podemos no Congreso.

O grupo de coordinación de Sumar, formado por 80 persoas, reunirase este xoves para avanzar no seu futuro. Todo apunta a que se formará unha xestora que deberá decidir sobre o liderado futuro do movemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade