Publicador de contidos
Publicador de contidos

Junts pídelle ao Goberno explicar o acordo de financiamento de Cataluña

Junts pídelle ao Goberno explicar o acordo de financiamento de Cataluña

O Executivo abre a axenda do curso político coa tarefa de presentar os presupostos

G24.gal 27/08/2024 14:47

O Goberno abre a axenda do novo curso político coa vista posta na elaboración dos presupostos. "Xa estamos con conversas para levar adiante a nosa responsabilidade e presentar unhas novas contas que levaremos ao Congreso dos Deputados", avanza Pilar Alegría, ministra portavoz do Goberno.

Unhas contas que contarán co apoio dos socios de Sumar se serven para avanzar nunha axenda social. "Temos unha folla de ruta e unha maioría de goberno con acordo con outras forzas políticas que están de acordo en levar adiante unha axenda social", di Txema Guijarro, de Sumar.

Pero o acordo con ERC para a investidura de Salvador Illa complica o apoio dalgúns dos partidos que sosteñen a Pedro Sánchez. Podemos ten dúbidas de que os socialistas cumpran o acordado. "Unha vez máis o PSOE vai incumprir as súas promesas. Vai dar gato por lebre para investir a Salvador Illa", asegura Ione Belarra, de Podemos.

Desde Junts piden que tanto o presidente do Goberno como a ministra de Facenda expliquen en que consisten o acordo de financiamento para Cataluña. "Esquerra fala de concerto económico e o PSOE di que non. Polo tanto queremos que o expliquen", reclama Miriam Nogueras.

O Goberno insiste en falar de financiamento singular pero réstalle importancia á denominación. "Non é tan importante quen recada si non o que se fai co recadado", xustifica Patxi López, do PSOE.

O Partido Popular pide que a ministra de Facenda aclare o contido dun acordo que rompe di coa solidariedade entre comunidades. 

"O sistema que se acordou ten tres beneficiarios clave. O Goberno, Illa e os independentistas. Ninguén máis. Este acordo non responde a outra cousa que non sexa manterse no poder e reactivar o procés", di Juan Bravo.

O novo sistema de financiamento será a prioridade do Partido Popular para o curso político que comeza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade