Empate do Arenteiro, que impide achegarse aos playoff
Unha boa primeira parte non foi suficiente para levar os tres puntos
Empate entre Arenteiro e Teruel nun partido que foi de máis a menos. Comezou forte o Arenteiro tanto como con balón como en volume de ocasións. Asentáronse como dominadores impoñendo ritmo ao encontro. Así chegou o gol. Unha falta na forntal que Pibe, coa súas zurda, enviou a gol. Mandou o balón por riba da barreira facendo imposíbel a estirada de Konate. E puido ser maior a diferencias, pero os de Javi Rey non foron quen de concretar as ocasións.
A segunda metade xa foi distinta. O Teruel recompúxose e mellorou prestacións. Poñendo o empate no marcador cun gol de Naranjo tras un bo pase de Borja Martínez. O Arenteiro non foi quen de recompoñerse e, salvo un lanzamento de Chacón de falta, non gozaron de oportunidades para desfacer a igualada.
Ao final, unha parte para cada equipo e empate no electrónico. O Arenteiro queda 8º con 30 puntos, a 2 dos postos de playoff que marca o Deportivo.