Empeza setembro e, para moitos, o momento de volver ao traballo e ás ocupacións
Empeza setembro e, para moitos, o momento de volver ao traballo e ás ocupacións
Había máis movemento de maletas do habitual ás portas dos hoteis na mañá deste domingo. Empeza o mes de setembro e, para moitos, é o momento de volver ao traballo.
"Son profesor e vou coas baterías cargadas para o novo ano lectivo que se aproxima".
"Con espírito de querer regresar con máis calma e visitar algunhas cousas que nos quedaron por ver. E estamos ben, relaxados".
Hai quen sofre polo remate das vacacións, pero tamén quen desexa volver á rutina.
"A volta ao traballo vai ser moi dura porque acabamos de rematar o Camiño de Santiago, que foi todo esforzo, pero con ganas de empezar setembro".
"Foron 7 días, unha semana, pasámolo moi ben, pero estamos cansadas. Necesitamos unhas vacacións das vacacións".
Outros afortunados aínda poden prolongalas.
"Estivemos aquí catro días. A cidade incrible. Somos do Río de Xaneiro, do Brasil. Estamos coñecendo Europa e moi felices de estar en Santiago de Compostela, que é moi famoso no Brasil".
"De aquí vou seguir viaxe por España e despois vou para Tailandia".
Nos hoteis confirman que agora a tempada alta prolóngase ata setembro. E mesmo en outubro contan con ter cifras de ocupación elevadas.