Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empregarán un dron para o proxecto de rehabilitación da Torre dos Moreno, en Ribadeo

Empregarán un dron para o proxecto de rehabilitación da Torre dos Moreno, en Ribadeo

As imaxes do dron axudarán a completar o proxecto de rehabilitación do edificio

Esta mansión indiana, no centro de Ribadeo, podería converterse nun hotel

A Torre dos Moreno, un Bic que data de 1915, podería convertirse nun hotel
G24.gal 01/02/2022 20:20

A agardada restauración da Torre dos Moreno, en Ribadeo, sofre un novo atraso. Agora o empresario que comprou esta xoia da arquitectura indiana para convertela, posiblemente, nun hotel terá que empregar un dron para lograr imaxes da situación real do inmoble.

Deste xeito cumprirá as esixencias para obter o visto e prace de Patrimonio e para que o Concello outorgue a licenza. A Torre dos Moreno data do ano 1915 e foi deseñada con moitas influencias de Gaudí.

Foi adquirida por unha empresa asturiana especializada en rehabilitar edificios señoriais para convertelos en hoteis. Un estudo realizado xa en 2015 cifraba en cinco millóns de euros o investimento necesario para restaurala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade