Publicador de contidos
Publicador de contidos

A rehabilitación de vivendas transformou o barrio lugués da Tinería

A rehabilitación de vivendas transformou o barrio lugués da Tinería

Creáronse polo momento 96 vivendas de alugueiro e 23 baixos comerciais.

Pasou de ser un barrio marxinal a un espazo privilexiado.

G24.gal 18/07/2024 14:51

Imaxes de antano recordan como era antes a Tinería. Era un barrio marxinal marcado pola prostitución, pero todo isto retroceu a medida que avanzou a rehabilitación.

"Eu recordo de nena que estaba todo desfeito. Nótase moito o cambio, esto é unha marabilla", lembra Marga Portomeñe, artesá que montou o seu negocio na Tinería.

Denden hai máis de 20 anos, o Instituto Galego de Vivenda e Solo rehabilita edificacións para transformalas e alugueiros sociais. Compran isto e transfórmano nisto outro, e os proxectos na zona van aínda a máis, agora a vista está posta no pazo de Dona Urraca.

"Desenvolver este plan especial con proxectos de edificación, rehabilitación e urbanización para ese concurso de ideas que rexenere esta zona dun modo sostible", explica María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Ademais de novas familias, aséntanse na zona emprendedores de moi diversos sectores.

"Dende o Concello de Lugo subarrendamos os baixo á Xunta para realizar un proxecto piloto de emprendemento", sinala Mauricio Repeto, concelleiro de Dinamización Económica.

O barrio da Tinería, o máis antigo da cidade, florece de novo.

"Foi hai seis anos cando me namorei da luz deste barrio e do local e foi cando comecei a aventura na Tinería e o amor permanece", conta Isabel Lozano, presidenta da Asociación de Comerciantes da Tinería.

96 vivendas, 23 baixos comerciais e un investimento de 26 millóns de euros son algunhas das cifras que marcan a recuperación dun barrio histórico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade