Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresarios de Sanxenxo denuncian deficiencias na rede de fibra óptica

Empresarios de Sanxenxo denuncian deficiencias na rede de fibra óptica

Calculan que ata 200 negocios se están a ver condicionados polos problemas de conexión a Internet

G24.gal 14/03/2022 14:21

Son varias as parroquias pertencentes ao concello de Sanxenxo que a día de hoxe non dispoñen de fibra óptica. Veciños e, sobre todo, hostaleiros da Lanzada e Noalla quéixanse do enorme prexuízo que isto supón para eles. Non poden teletraballar, non poden competir en igualdade de condicións e, en definitiva, din, non poden atender os seus negocios como deberían nos tempos actuais.

Calculan que son arredor de 200 restaurantes, hoteis, cámpings ou apartamentos turísticos os que non desfrutan da fibra óptica na parroquia de Noalla, onde esta A Lanzada, sen dúbida unha das praias máis emblemáticas de Galicia e que conta cunha enorme demanda turística.

Ofertar un servizo de televisión dunha plataforma dixital é ciencia ficción para estes empresarios. Os clientes marchan dos restaurantes por non ter wifi.

Saben que a competencia das telecomunicacións é estatal, pero esixen a todas as administracións que busquen solucións os seus problemas e aproveiten a instalación xa feita para ampliar a rede de fibra óptica, xa que unha das zonas máis turísticas das Rías Baixas non pode vivir tecnoloxicamente no século XX.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade